ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Calendario escolar

Calendario escolar

Curso 2025 - 2026

Calendario escolar


Curso 2025 - 2026

Aula Virtual

Aula Virtual

CIFP A FARIXA

Aula Virtual


CIFP A FARIXA

Acreditacións

Acreditacións

CIFP A FARIXA

Acreditacións


CIFP A FARIXA

Punto Laranxa

Punto Laranxa

CIFP A FARIXA

Punto Laranxa


CIFP A FARIXA

"Xa vén o Samaín á Farixa, e, para celebralo, imos organizar varias actividades coa colaboración das nosas compañeiras da biblioteca, do CIFP de Vilamarín, do CIFP Portovello e da Escola Oficial de Idiomas de Ourense. Podes ver as bases dos concursos escaneando os códigos QR. Anímate a participar!!"


 

SAMAÍN 2025           

Chega o Samaín e os corredores do noso centro énchense de pantasmas, morcegos e criaturas misteriosas…
Queres que a túa aula sexa a máis arrepiante de todas? Pois xa está aquí o Concurso de Portas Terroríficas da biblioteca!
 
Como participar?
Non é preciso inscribirse previamente: só tes que decorar a porta da túa aula (e ata 50 cm a cada lado).

Lembra:

  • A decoración debe estar relacionada co Samaín.
     
  • Pódense empregar materiais diversos (papel, cartón, luces, teas, etc.), sempre que non danen permanentemente a porta nin as paredes.
     
  • Recoméndase o uso de materiais reciclados e reutilizados 
     
  • As decoracións deben ser seguras (sen elementos que poidan caer ou causar accidentes).
     
  • Non se admitirán símbolos ofensivos, discriminatorios ou violentos.
     
  • O profesorado tamén pode participar: cal será o departamento máis creativo este ano?

Premio:
O grupo gañador desfrutará dun almorzo terrorífico no recreo.

Prazo:
Tedes ata as 11:00 h do xoves 30 de outubro para presentar a vosa porta decorada.

 

Anímate, decora, asusta… e Gaña!!!
 

Consulta as bases completas aquí  Bases do Concurso de Portas Terroríficas


 

Visita á Biblioteca Pública Nós

O alumnado de 1º de Vídeo Disc-Jockey e Son tivo unha mañá moi movidiña (e nunca mellor dito!) na Biblioteca Pública Nós. Alí coñeceron como funciona, que servizos ofrece e todo o que se cociña entre os seus estantes: clubs de lectura, obradoiros, exposicións… unha chea de posibilidades!  . . . máis información
 
 
 

 

 

ERASMUS+ Convocatorias de mobilidade de alumnado de ciclos superiores, ciclos medios e FPbásica

O CIFP A Farixa aposta pola internacionalización da Formación Profesional para que o noso alumnado viva a experiencia Erasmus+.

Anunciamos a apertura das convocatorias de axudas para mobilidades internacionais dentro do programa Erasmus+. 

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do luns 13 ao 23 de outubro de 2025. As solicitudes estarán disponibles na secretaría do centro así coma na páxina web da Farixa como Anexo das convocatorias, e deberán entregarse dentro do prazo establecido na secretaría do centro xunto coa documentación pertinente.

Grazas a esta iniciativa, varios estudiantes poderán realizar prácticas de traballo en empresas e entidades de distintos países europeos. Estas mobilidades son posibles grazas ao financiamento da Unión Europea e á coordinación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, que aposta pola internacionalización como ferramenta para mellorar a empregabilidade e a calidade educativa.

Con esta convocatoria, o noso centro CIFP A Farixa, súmase á celebración europea do Erasmus Days, poñendo en valor que a Formación Profesional tamén conta con oportunidades de mobilidade internacional.

CONVOCATORIA CICLOS MEDIOS e FPB            CONVOCATORIA CICLOS SUPERIORES


                                                        

 

Impact social cup

Parabén ao proxecto Aldealista, gañador do 1º premio na Superbowl Impact Social Cup, o maior evento de emprendemento con impacto positivo de España.
 
O alumnado do CIFP A FARIXA de Turismo e Guías participou apoiando esta iniciativa que loita fronte ao despoboamento do rural. Os alumnos e as alumnas da familia profesional de Turismo tiveron a sorte de participar o pasado curso nun programa de fomento do emprendemento liderado por Aldealista (Aulas de Emprendemento), no que aprenderon a deseñar produtos e servizos turísticos con impacto positivo e sostible que fomenten o arraigo nos nosos territorios.   .  .  .  máis información
 
                 
 

 

Sesión dirixida de STEP

Sesión dirixida de soporte musical grazas ao monitor Hugo Alonso  . . . máis información
 
 
 

 

AEROBIC

O monitor Yimmy, do ximnasio San Lázaro Gym, ensinounos as súas ferramentas de traballo para realizar coreografías xerais.  . . . máis información
 
 
 
 

Excursión A Coruña

O departamento de Turismo comezou coas ACF programadas para este curso coa excursión á Cidade de Cristal, A Coruña, para complementar a aprendizaxe académica coa experiencia real, fomentar a motivación, desenvolver habilidades sociais e persoais, e conectar aos/ás estudantes coa súa contorna cultural e social de maneira activa. Manuel, de @puertocoruna, fixo unha interesante visita guiada polo porto, onde vimos as diferentes actividades que se desenvolven alí, a lonxa, a carga e descarga de materiais a granel, e a zona de cruceiros, onde estaba atracado o Independence of the Sea, da navieira Royal Caribbean.  .  .  .  máis información
 
 

 


 

PRACTICA O TEU INGLÉS          

            

 

 
Se queres practicar o teu inglés, anótate aos nosos faladoiros.
 
 
 
         
Na biblio ou na cafetaría de 10:30 a 11:30 os mércores poderás practicar o idioma co asistente de comunicación, Nick.      
 
Non perdas a oportunidade de coñecer tanto a cultura americana, como as oportunidades de traballo ou estudo.
 
Pasarás uns momentos divertidos ao mesmo tempo que practicas inglés.
 
 
 
 
 
 
 

 

 


         Convocatoria extraordinaria proba específica de acceso nivel I de grao medio especialidade Fútbol Sala no Centro autorizado CENTED Ourense
   

RESOLUCIÓN PROBA FÚTBOL   -    RESOLUCIÓN PROBA FÚTBOL SALA     -    CALENDARIO PROBAS    -    RESOLUCIÓN DEFINITIVA ADMITIDOS

CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS FÚTBOL  -  CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS FÚTBOL SALA   



 

Resolución da dirección Xeral de formación Profesional
RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL POLA QUE SE CONVOCAN, CON CARÁCTER EXTRAORDINARIO, AS PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AO CICLO INICIAL DO GRAO MEDIO EN SENDEIRISMO, AO CICLO FINAL DE GRAO MEDIO EN MEDIA MONTAÑA, AO CICLO FINAL DE GRAO MEDIO EN BARRANCOS E AO CICLO FINAL DE GRAO MEDIO EN ESCALADA, CONDUCENTES AOS TÍTULOS DE TÉCNICO DEPORTIVO EN MEDIA MONTAÑA, TÉCNICO DEPORTIVO EN BARRANCOS E TÉCNICO DEPORTIVO EN ESCALADA, SOLICITADAS POLO CAD SAFE FORMACIÓN DE OURENSE. 
  RESOLUCIÓN CONVOCATORIA                 CALENDARIO             LISTA DEFINITIVOS ADMITIDOS        CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS    

 

                                                                                       

                                    PROGRAMA FSE  +  GALICIA 21 - 27
                              

          
 
Actividades Curso 2025 - 26      

CICLOS SUPERIORES


CICLOS SUPERIORES

CICLOS MEDIOS


CICLOS MEDIOS

FP DUAL


FP DUAL

FP DISTANCIA


FP DISTANCIA

FP BÁSICA


FP BÁSICA

ENSINANZAS DEPORTIVAS


ENSINANZAS DEPORTIVAS

loading...