Visita ao espazo "Coworking Sende".
A semana pasada, o alumnado de segundo curso dos ciclos das familias profesionais de Hostalaría e turismo, Electricidade e electrónica, Edificación e obra civil, Enerxía e auga e Actividades físicas e deportivas visitaron Sende. Alí tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a experiencia de varios/as emprendedores e emprendedoras que durante unhas semanas trasladaron os seus lugares de traballo a unha pequena aldea, Senderiz. Neste espazo coworking e coliving, nunha contorna afastada de todo o movemento típico das cidades, xorden oportunidades, contactos e mesmo inspiración para novas ideas e proxectos de vida. Unha vez máis, Edo e María abríronnos as portas da súa casa. Para poñer fin á actividade fixeron unha parada en Vilanova dos Infantes, onde puideron pasear polas súas rúas, visitar a Torre da Homenaxe e o Museo dos Zapateiros, tratando de descubrir os segredos que agocha no seu interior. Acompañáronnos Paula e Aquilino, guías da fundación Curros Enríquez, que os trasladaron por un momento a épocas pasadas desta peculiar vila.




|
|
