ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Terceiro posto nas Olimpiadas de Telecomunicacións Nacionais

O noso alumnado acaba de acadar un flamante terceiro posto na IIª Edición das Olimpíadas de Telecomunicacións Nacionais.

Por segundo ano consecutivo logra un meritorio premio que dá boa conta da súa entrega e participación nesta competición na que se enfrontaba os/as mellores estudantes de distintas escolas da xeografía española.

Coa esperanza de que estes alumnos e alumnas se convirtan en grandes profesionais no seu sector desexamos darlle a noraboa por este novo éxito!!

                                                                                                            [notas de prensa] 

 


 

 

Alumnado do CIFP aprendeu a "Navegar con rumbo"

O alumnado de 1º de FP Básica e mailo de 1º de ITEL participaron na actividade “Navega con rumbo”, unha iniciativa do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

 
Durante a charla/obradoiro o alumnado tivo a oportunidade de comprobar ata que punto sabe nevegar con seguridade pola Rede. Ademais, aprendeu a evitar o ciberacoso e outros riscos de Internet coas recomendacións feitas durante a actividade.
 

 

 

Alumnado 1º VDJ participa na voda do CIFP Vilamarín

O alumnado de 1º de Vídeo Disc Jockey e Son participou o pasado mes de marzo na celebración dunha “voda” no CIFP de Vilamarín. O enlace, de carácter ficticio, tiña como obxectivo realizar unha práctica real dun evento, comezando pola celebración da cerimonia e continuando polo cóctel e o banquete, coa participación de todas as familias profesionais do centro.

 


 






 

 

                                                    Visita do CEIP Saco e Arce de Toén dentro do programa ATRÉVETE

Este martes, 7 de maio, visitounos o CEIP Saco e Arce de Toén dentro do programa de Emprendemento "Atrévete".

O alumnado de 5º e 6º de primaria percorreu varias instalacións do CIFP A FARIXA.

Visitou a aula de Robótica, os estudios de audiovisual e aula tecnolóxica de Enerxías Renovables, proxecto que converteu un contedor marítimo reciclado nunha aula tecnolóxica didáctica con aproveitamento de enerxías solar, fotovoltaica, aerotermia e xeotermia.

Para rematar, asistiron no pavillón polideportivo a unha sesión de baile. Encantados de contar con vós un ano máis, e amosarvos a nosa oferta educativa.

 

 





 



 

2º Obradoiro benestar emocional: Autocontrol e saúde emocional

Hoxe traballamos con éxito no noso segundo obradoiro centrado no fortalecemento do autocontrol e na promoción da saúde emocional entre o noso alumnado. Agradecemos moito a Cristina Pérez de @experienciawellness por compartir connosco a súa sabedoría e ferramentas prácticas para xestionar as nosas emocións dunha forma saudable.
 
Durante estas sesións, o noso alumnado está a aprender técnicas para identificar e xestionar as súas emocións, cultivando así un maior benestar na súa vida diaria. Estamos orgullosos/as de formar parte deste proceso de crecemento e desenvolvemento persoal.
 
Grazas a todas as persoas participantes pola vosa dedicación e compromiso! 🌱💪
 
#Autocontrol #SaúdeEmocional #Benestar #CrecementoPersoal #ExperienciaBenestar