Lecturas para o segundo trimestre no noso club de lectura "Papalibros"
Estes son os libros que estamos a ler no clube de lectura "Papalibros" do CIFP A Farixa neste segundo trimestre do curso:
- Palestina, de Joe Sacco: un cómic periodístico que explora a vida cotiá dos palestinos nos territorios ocupados
- Educación siberiana, de Nikolai Lilin. Unha obra autobiográfica sobre a vida dun neno que crece nunha comunidade de criminais de Siberia
- La luz perdida, de Nino Haratischwili. As vidas entrecruzadas de catro amigas có trasfondo da revolución xeorxiana
- Quién sabe si mañana seguiremos aquí, de Kim Young-Ha. As memorias dun ancián, asesino xubilado, que sofre os primeiros síntomas do alzheimer e que trata de atopar a súa filla desaparecida
- La soledad de los números primos, de Paolo Gordiano. A historia de Alice e Mattia, cuxas vidas se entrecruzan pero que como os números primos "xemelgos", algo lles mantén xuntos pero non o bastante para tocarse de verdade
- Xoaniña de Deus, de Alba Guzmán. A historia da vida dunha muller diagnosticada de alzhéimer. Amor, drama e un pouco de humor forman parte das lembranzas que ela mesma debe pechar antes de que a súa memoria se apague para sempre
- A lección de August, de R.J. Palacio. August é un neno cunha deformidade na cara que comeza o instituto, onde algúns compañeiros métense con el. Unha historia sobre o bullying, a autoestima e a aceptación
Pasade pola biblioteca e collede o voso libro¡¡
Esperamos que disfrutedes destas lecturas tanto como nós!
Un agradecemento especial a Juan Tallón polo seu tempo e a todos os participantes por facer deste encontro unha experiencia única.contro con Juan Tallón by Montserrat Padrón Saco
DESIDERATA: Solicitude de adquisición de fondos para a biblioteca.
Cubre o seguinte formulario se queres que a nosa biblioteca adquira algún fondo específico (libros, manuais, revistas, xogos, bases de datos, recursos electrónicos, etc).
Ten en conta que encher este formulario non asegura a compra do recurso solicitado. As suxestións recibidas tomaránse en consideración na adquisición dos novos fondos, segundo o presuposto dispoñible.