ACREDITACIÓNS     BOLSA DE EMPREGO

A Farixa xa ten nova mesa de tenis de mesa!

Desde a Coordinación de Benestar e coa axuda do departamento de AFD, estreamos unha nova mesa para que os recreos sexan tamén un momento para compartir, desconectar e pasalo ben. E non tardamos en poñela a proba! 😄 No pasado recreo, alumnado e profesorado animámonos a coller a raqueta e inaugurámola como se merece.
Un novo espazo para o lecer, a convivencia e os bos momentos no noso centro. Porque o benestar tamén se constrúe xogando, compartindo e facendo comunidade. 💙 🏓🏓🏓
 
Que comece o partido! #CIFPAFarixa #Benestar #TenisDeMesa #RecreosEnAfarixa #Convivencia #FP #FacendoComunidade