Aquí poderás formular as cuestións que consideres con respecto aos tres ámbitos da orientación:
Orientación profesional: axuda no proceso de toma de decisións fundamentadas de cara a elixir determinada/s actividade/s profesional/ais de acordo coas posibilidades e intereses de cadaquén, así como de deseñar o proxecto profesional de vida.
Orientación académica: axuda persoal ou grupal para acadar os resultados académicos óptimos segundo as súas capacidades e a súa realidade persoal.
Orientación persoal: proceso de axuda no deseño do proxecto persoal de vida.