ACREDITACIÓNS     BOLSA DE EMPREGO

O próximo 29 de outubro, ás 11.00 horas, a Biblioteca do CIFP A Farixa organiza un obradoiro de ganchillo aberto ao alumnado, profesorado, persoal de servizos, familias e veciñanza.

Unha oportunidade para aprender, desconectar da rutina e compartir coñecementos e experiencias arredor dunha actividade artesanal que combina creatividade, concentración e relaxación. Non importa se nunca tiveches un gancho nas mans ou se xa tes experiencia. O importante é compartir un bo momento, aprender unhas persoas doutras e descubrir todo o que podemos crear punto a punto.

Unha biblioteca aberta ao seu contorno. Esta actividade enmárcase no programa «Lectura e Familias» da Xunta de Galicia, no que participa a nosa biblioteca, e forma parte do noso compromiso de abrir o centro á comunidade e fortalecer os vínculos entre o alumnado, as familias e a veciñanza. Queremos que a biblioteca sexa moito máis ca un espazo de lectura e estudo: un lugar de encontro interxeracional, intercambio de saberes, participación e aprendizaxe compartida. Porque as bibliotecas tamén se constrúen coas persoas que as habitan. E ás veces, para crear novos vínculos, só precisamos un pouco de fío e un gancho.

Anota a data! Cando : 29 de outubro, ás 11.00 h. Onde:  biblioteca do CIFP A Farixa.

Para quen:  alumnado, profesorado, persoal de servizos,  familias e veciñanza. Anímate a participar e trae a quen lle poida apetecer compartir esta experiencia. Na Farixa tecemos algo máis ca ganchillo: tecemos comunidade.