Tres noticias. Hai algunha verdadeira? A Biblioteca do CIFP A Farixa propón á comunidade educativa un reto para aprender a distinguir a información fiable dos contidos enganosos.
A actividade «Detecta a noticia falsa!», integrada no Obradoiro de Verificación do programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, busca fomentar a alfabetización mediática e informacional: cuestionar o que lemos, contrastar fontes e investigar antes de compartir.
Como participar? Cada quince días publicaranse tres novas no taboleiro do Edificio 1.
Para participar: Le as noticias sen deixarte levar só polo titular. Investiga e contrasta a información para determinar cales son verdadeiras e cales falsas.
Entrega a túa resposta na biblioteca, indicando nome, apelidos e curso. Entre as persoas que respondan correctamente sortearase un almorzo na cafetería do centro. Cada dúas semanas haberá un novo reto e publicaranse as solucións do anterior. Unha oportunidade para comprobar as conclusións e seguir afinando a nosa capacidade de análise.
O primeiro reto xa está no taboleiro. Atréveste a investigar? Consulta toda a información no blog da biblioteca: «Detecta a noticia falsa!».
Actividades-2026-27/Noticia-falsa