Olimpíada de Telecomunicación 2026
O grupo de alumnos e alumnas de 1º de Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións formado por Óscar Cadavid, Alejandro Riveiro, Denis Martínez, Hugo Sierra e Francisco Bencomo vén de acadar o 2º premio nos Teleco Games 2026.
O proxecto presentado é un brazo robótico autónomo capaz de detectar redes Wifi fraudulentas, coñecidas como twin evils, evitando posibles ataques de suplantación aos usuarios. Este deseño tamén xera mapas de calor que permiten analizar a intensidade de cobertura.
Ademais de amosar o funcionamento do robot ao xurado, realizaron unha presentación do proxecto tal e como se pode ver nas imaxes. Previamente realizaron un vídeo descritivo da elaboración e funcionamento do robot que o xurado tivo en conta para a clasificación.
O premio acadado consiste en 300 € para os cinco alumnos concursantes


