Espazos de tecnoloxóa aplicada. Convocatoria 2022
LABORATORIO TECNOLÓXICO DE ADESTRAMENTO DEPORTIVO
Seguindo o Plan de Modernización da Formación Profesional do Ministerio de Educación pretendemos a innovación e o emprendemento na familia profesional de Actividades físicas e deportivas do noso CIFP.
A familia profesional toma como referencia o sector deportivo, entendido como o conxunto de actividades que inciden na práctica e xestión directa de actividades físicas e deportivas. Inclúe tanto o ámbito competitivo-asociativo, recreativo como o da saude.
O deporte é un nicho de ocupación emerxente, como demostra o feito de que nos últimos dez anos o emprego no sector na Unión Europea medrou un 60%, con máis dun millón de ocupados na actividade principal e preto de dous millóns na actividade secundaria. Ademais, é capaz de mobilizar máis de dez millóns de voluntarios.
Precisamos crear una contorna (laboratorio tecnolóxico) na que a comunidade educativa poida empregar tecnoloxía aplicada de útima xeración en colaboración co
sector produtivo.
O laboratorio tecnolóxico pretende por una banda ser un lugar de investigación e mellora das competencias do noso alumnado e o mesmo tempo dar servicio a empresa colaboradoras no módulo de formación en centros de traballo.