ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

BLOG

BLOG

BLOG


FACEBOOK

FACEBOOK

FACEBOOK


INSTAGRAM

INSTAGRAM

INSTAGRAM


TIKTOK

TIKTOK

TIKTOK


SPOTIFY

SPOTIFY

SPOTIFY


EDLG A FARIXA


Celebramos o Entroido no CIFP A Farixa e para iso queremos que fagades caso dos mandados do meco, que están escritos no cartel que tedes na porta de cada aula. 
Ademais, o venres teremos un concurso de disfraces entre as 10 e as 11:30 e unha sesión de karaoke entroideiro a cargo do alumnado do ciclo de VDJ e Son. 
Vén disfrazada/o e anímate a participar!!        BASES
 

CONCURSO DE RELATOS DO SAMAÍN 2023

A EOI de Ourense e o CIFP A Farixa colaboran neste terrorífico concurso de Samaín!! Anímate a participar enviando o teu relato en texto ou audio a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Asústanos cun máximo de 150 palabras e leva un premio!! 

 

BASES DO III CONCURSO DE “MICRORRELATOS ESPANTOSOS”

  1. O concurso está aberto a toda a comunidade educativa da EOI de Ourense e do CIFP A Farixa (alumnado, profesorado e persoal non docente).
  2. Os relatos deben ser orixinais e inéditos. Estarán redactados en galego e terán unha extensión máxima de 150 palabras.
  3. Poderán presentarse como textos escritos (en formato Word) ou como arquivos de audio (en formato mp3).
  4. Os textos enviaranse ao correo do EDLG do centro ao que pertence a persoa participante. No caso da EOI: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. No caso do CIFP A Farixa: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. .
  5. A data límite para enviar os textos será o venres, 3 de novembro de 2023.
  6. O EDLG da EOI enviará os relatos recibidos ao EDLG do CIFP A Farixa e viceversa.
  7. Cada centro publicará os relatos recibidos e establecerá un procedemento de votación pública, aberto a toda a comunidade educativa.
  8. Escollerase un relato gañador para cada categoría: texto escrito e texto oral.
  9. O proceso de votación rematará, como moi tarde, o venres 17 de novembro de 2023.
  10. As persoas gañadoras recibirán como premio un vale de 30 euros para gastar nunha libraría da cidade.
                     

IV CERTAME DE GALETIKTOKERS 2023

 

Grava un vídeo en galego de entre 15 e 90 segundos a través de TikTok ou dos Reels de Instagram.  

A temática é libre, polo que podes falar de deportes, humor, música, cine, literatura, etc. 

Tes as bases debaixo do cartaz. Anímate e amósanos a túa creatividade!! Hai seis premios de 300 euros!

                                                               


LETRAS GALEGAS 2023

A semana que vén celebramos o Día das Letras Galegas, e nesta 60ª edición o autor homenaxeado é Francisco Fernández del Riego.
 
Para celebrar esta data sinalada convidámoste a participar no gran Kahoot sobre "Don Paco" que terá lugar o vindeiro xoves, 18 de maio, ás 11:00 no salón de actos do Cifp A Farixa.
 
Todas as respostas a estas preguntas están nos carteis que levan unha semana expostos diante da entrada da cafetaría. Bótalles un ollo.
 
Para participar só tes que vir ao salón de actos co teu teléfono móbil.
 
 
Anímate!!
 
Grazas.
 

 

CONCURSO DE COPLAS. MAIOS 2023

Escribe a túa copla e segue as instrucións que aparecen no cartel:
  • Escolle un tema: o profesorado, o equipo directivo, persoas que conducen a 215 qm/h, as rampas do alcalde...
  • Ten en conta a rima e que teña un mínimo de 12 versos.
  • Envíaa a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  • Data límite: 7 de maio. 
PREMIOS:
  • Mellor copla cantada/rapeada/recitada: un vale de 50 €.
  • Mellor copla non musicada (simplemente a copla escrita): un vale de 25 €.
 Pon a túa inspiración a traballar para facer unhas rimas ben satíricas. Moita sorte!!