Visita dramatizada "O segredo dos franciscanos"
O pasado luns 6 de maio o alumnado do 1º curso do ciclo de Guía, información e asistencia turísticas e 1º de Electricidade e electrónica desfrutaron dunha actividade organizada polo Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu). Baixo o nome "O segredo dos franciscanos" organízase esta actividade teatralizada na que os alumnos se mergullan na historia medieval visitando diferentes espazos senlleiros da cidade de Ourense nos que a Orde Franciscana tivo presenza, rematando coa visita do claustro do convento de San Francisco. Deste xeito, da man de Xoana a Lavandeira e Frei Xan o Farrapeiro os alumnos coñeceron o legado histórico e artístico que deixaron os franciscanos na nosa cidade, e reflexionaron acerca do valor do seu patrimonio documental, tan rico pero tamén tan descoñecido.