ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Reportaxe na aula de Telemiño co alumnado gañador das Olimpíadas de Telecomunicacións 2024

Hoxe pola mañá, visitounos un equipo de reporteiros de Telemiño para dar boa conta do éxito na participación do noso alumnado nas olimpíadas de Telecomunicacións recentemente celebradas.
 
Os alumnos laureados explicaron diante das cámaras o funcionamento do proxecto e máis as súas impresións do traballo realizado.
 
Adiantaron algunhas das melloras que están a realizar de cara á súa participación na fase nacional o próximo día 14 de maio.
 
Moitas grazas a Telemiño por difundir o bo traballo e a gran ilusión dos nosos rapaces nesta aventura.