PANEIS SOLARES: RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS CONTRA CAÍDAS DE ALTURA
O alumnado do ciclo de Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica, asistiu á xornada "Paneis solares: recomendacións preventivas contra caídas de altura", celebrada no ISSGA (Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia). Durante as ponencias incidiuse na importancia da integración da prevención de riscos laborais no deseño de paneis solares en cubertas de cara á súa instalación, mantemento e reparación.