Visita guiada polas prazas históricas de Ourense
O día 8 de marzo, o alumnado de 2º do Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas realizou unha visita guiada, co Espazo +60 de Afundación ABANCA.
A visita consistiu nun percorrido por distintas prazas da zona vella de Ourense, da Praza do Ferro á Praza Maior, coa vida e a evolución que tiveron no tempo como temática principal.
O alumnado agradece a implicación e participación de todas as partes que colaboraron no proxecto, xa que foi unha experiencia enriquecedora, onde puideron pór en práctica o aprendido nas aulas.