ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Un paseo pola vella Auria 

Todos os 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional do Guía Turístico. Para celebralo, o pasado mércores acudimos co alumnado de Turismo e 2º de FPB de Electrónica e Electricidade a un guiado polo casco histórico de Ourense: "un paseo pola vella Auria". A ruta foi organizada pola APIT (Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia) en modalidade de ruta solidaria, xa que os fondos recadados foron destinados á FEAFES, que é Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental en Galicia. Deste xeito, da man de Gema Seara, guía experimentada e exalumna do noso centro, puidemos descubrir recunchos esquecidos e datos curiosos do patrimonio histórico da nosa cidade.

O Día Internacional do Guía Turístico serve para que recordemos a importancia da labor desempeñada polos guías de turismo, que nos axudan a elevar o nivel das nosas experiencias turísticas e son transmisores da cultura propia dun lugar.