ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

De rodaxe por Soutelo de Montes

Un grupo de alumnas e alumnos de segundo curso de Produción de Audiovisuais e Espectáculos estiveron a traballar durante esta pasada fin de semana en Soutelo de Montes, no concello de Forcarei, na que foi a primeira das rodaxes que están a facer este ano no marco do módulo de Xestión de Proxectos de Cine e Vídeo, impartido pola profesora Diana Casanova. O equipo, formado por un grupo de 4 alumnos do centro e personal externo entre os que se contan 2 sonidistas e o equipo de cámara e dirección, está a rodar a curtametraxe "Memorias de Soutelo", unha historia que parte da proposta de Candela Lorenzo, directora de produción e estudante do centro, orixinaria de Soutelo.

O documental de creación céntrase na memoria veciñal da aldea, construída desde os recordos da alumna e cun pé no traballo do fotógrafo Virxilio Viéitez, quen durante décadas foi o encargado de fixar na memoria as imaxes da veciñanza. Na rodaxe colaboraron numerosas veciñas e veciños da localidade. Queda por diante agora un longo proceso de postprodución.