ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

FITUR


O alumnado de Turismo desprazouse a semana pasada ata Madrid para asistir á Feira Internacional de Turismo, FITUR, o maior escaparate do mundo, de destinos e empresas turísticas. Alí, o noso alumnado puido ver in situ as diferentes ferramentas do mix promocional utilizadas no marketing turístico, mentres desfrutaban da maxia dunha feira, onde o único que escasea sempre é o tempo para ver todo o que alí se amosa.

Asemade, puideron desfrutar doutras actividades programadas para esta viaxe, como foron:

Unha visita guiada a Madrid levada a cabo por unha gran profesional como é Rosa Lisandra, antiga presidenta da APIT Madrid. Rosa é unha guía veterana, con máis de 35 anos de experiencia, que ademais de guialos pola cidade, aproveitou para darlle unha chea de consellos profesionais.

A visita a PANGEA, novo concepto de Travel Store. Pangea é unha axencia de viaxes inusual no territorio español, que conta cunha gran superficie de oficinas, cafetería, tenda de viaxes e que ofrece un experto asesoramento de cada continente.

Apañar o metro por primeira vez, dar un paseo polo Retiro, ver a posta de sol no templo Debod, visitar o museo do Prado, e moitas outras experiencias, fixeron que esta fora unha viaxe memorable, que todos/as esperamos repetir o próximo ano.