ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

                                                          IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte

Aparte de promover Galicia como destino para o turismo ou promocionar o Turismo Deportivo como elemento desestacionalizador, o alumnado do departamento de Turismo do CIFP A FARIXA, asistiu con gran interés e aproveitamento ao IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte.

Foi unha xornada intensa onde coñeceron casos de éxito turístico, nos que o elemento dinamizador e fundamental é a práctica dun deporte ou un gran evento deportivo: CanfrancCanfranc, Lee Valley Regional Park ou Finuco Martínez (B3 Sportainment). 

Adicionalmente, o alumnado tivo a ocasión de participar de forma moi activa na práctica dalgunha das modalidades deportivas presentes no marco de Sportur: escalada, remo ou bádminton.

Con este tipo de iniciativas, ponse en valor o importante que é para a formación do alumnado a  realización de actividades complementarias ás do día a día no CIFP A FARIXA