Xornada de Innovación Turística e visita ao Hotel-Restaurante PEPE VIEIRA
O alumnado dos ciclos de Turismo visitou ás instalacións do grupo empresarial Pepe Vieira en Raxó, descubrindo de primeira mán o seu restaurante de dúas estrelas Michelín e a súa nova oferta de aloxamento turístico. Guiados pola xefa do departamento de Marketing, Sonia Atanes, o noso alumnado poido coñecer os diferentes elementos que compoñen o produto turístico deste grupo empresarial, que coida e analiza cada mínimo detalle na acollida e servizo ao seus clientes. O branding, a comercialización, a promoción a través de prescriptores especializados, a continua labor de I+D, o traballo diario na horta e os requisitos para traballar nunha empresa desta categoría, son algúns dos temas que se tocaron nunha enriquecedora xornada matinal que acabou co disfrute dun exquisito brunch.