Viaxe Inmersión lingüística Dublín
3 Natureza, flora, fauna... Son algúns dos aspectos que tamén axudan a enriquecer unha viaxe formativa nun país como Irlanda. O alumnado de DUAL (Dobre Titulación de Axencias de Viaxes e Guías), visita o sur de Dublín, concretamente as turísticas localidades de Greystones e Bray. Fermosas praias que son lugar de recreo habitual para os dublinenses en épocas de máis calor. Como colofón ao día e para percibir as sensacións do territorio, realizouse unha camiñada entre as localidades antes mencionadas. A forza do mar, do vento e a continua presenza de aves mariñas, axudaron a facela moi pracenteira e satisfactoria.
2 Anna Livia P. (da novela Finnegans Wake, de Joyce), Malahide Castle, a poboación costeira de Howt...
O alumnado do C.S. Dobre Titulación AA.VV. - G.I.A.T. (DUAL), valéndose do transporte público, desprazouse cara o norte de Dublín, onde puido visitar a pintoresca vila de Malahide, coa escultura de Anna Livia mirando á marisma, ou o seu impoñente castelo, pertencente á dinastía dos Talbot.
En Howt, aproveitando a riqueza gastronómica en produtos do mar, foi un pracer deleitarse con algunha das especialidades culinarias desta vila turística e mariñeira.
Non estaría de máis resaltar as similitudes existentes entre Galicia e Irlanda, quedando moi patentes a través da gastronomía, as tradicións, o emprego dunha lingua identitaria ou mesmo a climatoloxía.
1 O alumnado do CS - DOBRE TITULACIÓN AA.VV. - GIAT [DUAL], comeza con moitas ganas a viaxe de Inmersión lingüística en Dublín.
Dende o día 21 ao 24 de novembro, desfrutará coñecendo a lingua, cultura, monumentalidade e tradicións da capital irlandesa.
Na xornada inaugural, puideron desfrutar co magnífico guía, Álvaro, dun percorrido pola zona centro de Dublín, onde puideron visitar o impresionante Trinity College, Dublin Castle, a emblemática estatua de Molly Mallone, a Christ Church cathedral, para finalizar a xornada na buliciosa zona de Temple Bar.
Un dos obxectivos a lograr é o de mellorar e incrementar as capacidades comunicativas en lingua inglesa do alumnado, fomentando o seu uso en Dublín, así como participar no día a día dunha cidade tan hospitalaria e acolledora como é a capital desta nación celta chamada Irlanda.