ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Alumnado de Enerxía e Auga visita o Centro de innovación de FP Eduardo Barreiros

O xoves 26 de outubro os alumnos e alumnas do CS de Enerxías Renovables e do CS de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica do CIFP A Farixa, visitaron o Centro de Innovación de FP Eduardo Barreiros. Durante a visita o noso alumnado coñeceu a actividade do centro de innovación descubrindo as posibilidades que ofrece para o emprendemento e realización de proxectos. Por outra banda, observaron as distintas instalacións térmicas e enerxéticas do edificio, visitando a cuberta onde se atopa unha instalación solar fotovoltaica, unidades de tratamento de aire e demais instalacións coas que conta o centro.