Conferencia Alexandra Seara e visita a Xantar
O alumnado do Ciclo Superior de Guía, Asistencia e Información Turística e do Ciclo Superior de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, desfrutaron esta mañá da conferencia de Alexandra Seara Sobrino, xerente do Consorcio da Ribeira Sacra sobre a xestión de desenvolvemento local, accións promocionais levadas a cabo no xeodestino.
A continuación, desprazámonos ao recinto feiral Expourense, onde está a celebrarse a Feira Gastronómica "Xantar", para visitala e asistiron á ponencia "Costa Rica como destino turísico e gastronómico"
#fpgalicia #cifpafarixa #fpdual #ourense #turismo