Alumnado de Enerxía e Auga visita Galiciaskills 2023
O alumnado da familia de Enerxía e Auga visita o recinto Feira Internacional Abanca de Silleda durante o día 25 de novembro onde se estaba a desenvolver o 7º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2023. Neste día pola maña, os participantes comezaban coas probas polo que estas, estaban pouco avanzadas.
Aínda así, o principal atractivo foi ver o traballo de compañeiros de outros centros educativos tanto da súa familia como de outras e o apoio ó compañeiro, Arán Rivero Alonso, do Departamento de Electricidade e Electrónica que estaba a competir representado o noso centro na área de Instalacións Electrotécnicas.