ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Cultura Castrexa. Recuperando as raíces

Coñecer a organización social, política e a forma de vida desta cultura prerrománica, axudou ao alumnado dos ciclos de Turismo a entender as herdanzas da nosa terra e actual sociedade.

Da man de Estefanía González, antiga alumna do nos centro, e de Jose Carlos Carrasco do Parque Arqueolóxico da cultura castrexa (PACC); coñecimos de xeito práctico as funcións que se desenrrolan nun centro interpretativo e súa complementariedade no traballo da interpretación do patrimonio dunha zona, ofrecéndonos e compartindo co noso alumnado consellos técnicos e profesionais como mediadores culturais.

E por suposto, tivemos a oportunidade de percorrer in situ o 15% da extensión excavada do total de 10 hectáreas que se estima que ten o castro de San Cibrán de Lás.