ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL

                                                          Ciclo Básico Electrónica en Sportur

O alumnado do ciclo de electricidade e electrónica participou de diversas actividades do Sportur: pickleball, bádminton, parkour...


 


 


 


 


 

                                                          IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte

Aparte de promover Galicia como destino para o turismo ou promocionar o Turismo Deportivo como elemento desestacionalizador, o alumnado do departamento de Turismo do CIFP A FARIXA, asistiu con gran interés e aproveitamento ao IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte.

Foi unha xornada intensa onde coñeceron casos de éxito turístico, nos que o elemento dinamizador e fundamental é a práctica dun deporte ou un gran evento deportivo: CanfrancCanfranc, Lee Valley Regional Park ou Finuco Martínez (B3 Sportainment). 

Adicionalmente, o alumnado tivo a ocasión de participar de forma moi activa na práctica dalgunha das modalidades deportivas presentes no marco de Sportur: escalada, remo ou bádminton.

Con este tipo de iniciativas, ponse en valor o importante que é para a formación do alumnado a  realización de actividades complementarias ás do día a día no CIFP A FARIXA


 


 


 


 


 

Visita ao Balneario de Laias (Caldaria Termal)

Comezamos o curso da mellor forma posible, coñecendo a fondo as instalacións e funcionamento do Balneario de Laias, do grupo Caldaria Termal.

O alumnado e os titores dos ciclos superiores de modalidade Dual de Termalismo e Benestar  e da dobre titulación de Acondicionamento Físico e Ensinanzas e animación sociocultural, fan a súa primeira toma de contacto co mundo laboral no que levarán a cabo a súa formación dual.

O noso centro educativo foi pioneiro a nivel nacional nesta oferta formativa en modalidade dual,  xunto co Balneario de Laias ( Caldaria Termal) empresa colaboradora na formación dual no ciclo de Termalismo e Benestar dende o primeiro proxecto dual do ano 2020.

Este ano sumamos a súa colaboración na formación dual da dobre titulación de Acondicionamento Físico e Ensinanzas e animación sociocultural.

Ofertamos unha formación dual, vencellada ós sectores do Termalismo e das Actividades físicas e deportivas, tan demanda pola nosa contorna produtiva.