ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL

Visita á cooperativa PACO&LOLA

O xoves 9 de novembro, o noso alumnado dos ciclos de Turismo viaxaron ata o Salnés, para coñecer o día a día do departamento de enoturismo e marketing da cooperativa vitivinícola Paco&Lola. Foi unha visita moi instructiva e agradable na que Lola, a xefa do departamento de Enoturismo, nos falou de cómo foi a creación da sua marca; así como dos produtos turísticos que desenvolven ao longo do ano e da evolución da imaxe de marca e creación de marcas múltiples para os novos viños. Asemade, nesta maravillosa xornada, o alumnado asistiu tamén á visita guiada en inglés polas instalacións e á cata de tres viños da DO Rías Baixas. 


 


 


 


 


 

Ecoforest

O martes 21 de novembro os alumnos e alumnas dos ciclos de “Enerxías renovables” e “Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica”, visitaron as instalacións da empresa Ecoforest. Durante á mañá visitáronse as dúas sedes coas que conta a empresa, unha en Nigrán e outra en Vincios, adicadas á fabricación de caldeiras de pellets e bombas de calor. Ademais de visitar a fábrica de bombas de calor de xeotermia e aerotermia, os alumnos e alumnas recibiron dúas charlas formativas sobre as bombas de calor; os formadores da empresa explicaron a constitución das bombas de calor, a súa eficiencia, selección, e deron información sobre a instalación, operación e o mantemento das mesmas.


 


 


 


 


 

                                       Xornada de Innovación Turística e visita ao Hotel-Restaurante PEPE VIEIRA

O alumnado dos ciclos de Turismo visitou ás instalacións do grupo empresarial Pepe Vieira en Raxó, descubrindo de primeira mán o seu restaurante de dúas estrelas Michelín e a súa nova oferta de aloxamento turístico. Guiados pola xefa do departamento de Marketing, Sonia Atanes, o noso alumnado poido coñecer os diferentes elementos que compoñen o produto turístico deste grupo empresarial, que coida e analiza cada mínimo detalle na acollida e servizo ao seus clientes. O branding, a comercialización, a promoción a través de prescriptores especializados, a continua labor de I+D, o traballo diario na horta e os requisitos para traballar nunha empresa desta categoría, son algúns dos temas que se tocaron nunha enriquecedora xornada matinal que acabou co disfrute dun exquisito brunch.


 


 


 


 


 

                                   Viaxe Inmersión lingüística Dublín

 

 3 Natureza, flora, fauna... Son algúns dos aspectos que tamén axudan a enriquecer unha viaxe formativa nun país como Irlanda. O alumnado de DUAL (Dobre Titulación de Axencias de Viaxes e Guías), visita o sur de Dublín, concretamente as turísticas localidades de Greystones e Bray. Fermosas praias que son lugar de recreo habitual para os dublinenses en épocas de máis calor. Como colofón ao día e para percibir as sensacións do territorio, realizouse unha camiñada entre as localidades antes mencionadas. A forza do mar, do vento e a continua presenza de aves mariñas, axudaron a facela moi pracenteira e satisfactoria. 




 


2 Anna Livia P. (da novela Finnegans Wake, de Joyce), Malahide Castle, a poboación costeira de Howt...

O alumnado do C.S. Dobre Titulación AA.VV. - G.I.A.T. (DUAL), valéndose do transporte público, desprazouse cara o norte de Dublín, onde puido visitar a pintoresca vila de Malahide, coa escultura de Anna Livia mirando á marisma, ou o seu impoñente castelo, pertencente á dinastía dos Talbot. 

En Howt, aproveitando a riqueza gastronómica en produtos do mar, foi un pracer deleitarse con algunha das especialidades culinarias desta vila turística e mariñeira. 

Non estaría de máis resaltar as similitudes existentes entre Galicia e Irlanda, quedando moi patentes a través da gastronomía, as tradicións, o emprego dunha lingua identitaria ou mesmo a climatoloxía.    

 



1 O alumnado do CS - DOBRE TITULACIÓN AA.VV. - GIAT [DUAL], comeza con moitas ganas a viaxe de Inmersión lingüística en Dublín.

Dende o día 21 ao 24 de novembro, desfrutará coñecendo a lingua, cultura, monumentalidade e tradicións da capital irlandesa. 

Na xornada inaugural, puideron desfrutar co magnífico guía, Álvaro, dun percorrido pola zona centro de Dublín, onde puideron visitar o impresionante Trinity College, Dublin Castle, a emblemática estatua de Molly Mallone, a Christ Church cathedral, para finalizar a xornada na buliciosa zona de Temple Bar.

Un dos obxectivos a lograr é o de mellorar e incrementar as capacidades comunicativas en lingua inglesa do alumnado, fomentando o seu uso en Dublín, así como participar no día a día dunha cidade tan hospitalaria e acolledora como é a capital desta nación celta chamada Irlanda. 


 


 


 


 


 

                                                                                             Rafting 2023

Descenso en augas bravas polo Miño, co alumnado de 2º curso de Acondicionamento Físico.