ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

                                                 Soño Máxico: Descifrando os Misterios dun Descanso Inesquecible

Na charla "Soño Máxico: Descifrando os Misterios dun Descanso Inesquecible" impartida ao alumnado da familia profesional de Turismo pola profesora Carmen de Labra Pinedo explorouse o mundo do soño e o seu impacto na saúde. Desde as fases do soño REM até as non REM, abordando as bases científicas que afectan a calidade do descanso. Destocouse a importancia do soño adecuado para a saúde física e mental, incluíndo a regulación do estado de ánimo e a mellora da memoria.

A presentación abordou trastornos comúns como o insomnio e outros trastornos do soño, proporcionando estratexias para abordalos. Ofrecéronse consellos prácticos para manter un horario de soño regular, crear un ambiente propicio e mellorar a hixiene do soño. Tamén se examinou como o uso excesivo de dispositivos electrónicos afecta a calidade do soño, propondo estratexias para mitigar este impacto. En resumo, a charla da profesora propiciou unha comprensión integral do soño, desde os seus fundamentos científicos até consellos prácticos para mellorar a calidade de vida a través do descanso axeitado.


 


 


 

                                           CLASE DIRIXIDA DE FIT BIKE DE ALTA INTENSIDADE POR TEMPO E SOPORTE MUSICAL

Hoxe coñecemos a versión práctica dunha clase dirixida de ciclo indoor coa presenza do profesional Pedro Singer co alumnado de 2° curso de Acondicionamiento Físico.


 


 


 



                             Visita guiada Mosteiro Celanova, aloxamento turístico e xestion oficina turismo

O alumnado de Turismo e máis o alumnado da FP Básica visitaron este mércores, 17 de Xaneiro, a vila de Celanova.

Primeiro fixeron unha visita guiada a cargo da Oficina de Turismo ao Mosteiro de San Salvador e á capela de San Miguel, onde puideron observar as marabillas que agocha dentro este precioso mosteiro, achegáronse ao IES Celso Emilio Ferreiro para visitar a impresionante biblioteca e máis tarde tamén visitaron as instalaciós do Hotel Boutique Acouga, un aloxamento moi novidoso na nosa zona.

Máis tarde visitaron a Casa-Museo de Curros Enríquez e para finalizar, na Oficina de turismo, asistiron a unha pequena conferencia sobre a xestión e funcionamento da mesma da man da súa responsable.


 


 


 


 


 

                                                                                          MASTERCLASS SCRATCHING

O alumnado de 1º e 2º de Vídeo DJ e Son asistiu hoxe no Salón de actos do centro a unha Masterclass de Scratching, impartida polo DJ compostelán DJ Mil. O Scratch ou scratching é unha técnica de DJ empregada para producir sons a través do movemilento dun disco de vinilo cara adiante e cara atrás sobre un tocadiscos. O alumnado coñeceu os pormenores desta técnica nesta Masterclass de carácter eminentemente práctico.


 


 


 


 


 

                                Visita o Centro de Innovación Eduardo Barreiros

O xoves 18 os alumnos dos ciclos de Electricidade e telecomunicacións (FPB e 1º CM de Telecomunicacións) visitaron o centro de CGIFP Eduardo Barreiros. Recibiunos a súa directora Marta Vázquez. Comezamos polo laboratorio de Biotecnoloxía, despois as instalacións para o desenvolvemento de proxectos de Industria 5.0 e o espazo de Fabricación Aditiva. Finalizamos a visita nas instalacións de recreación de Metaversp con Realidade Virtual e Aumentada (experiencias Inmersivas), onde o Luis permitiulles os alumnos experimentar cos equipos de que dispoñen. Moitas grazas o equipo do CGIFP por permitirnos coñecer vosas instalacións e o noso alumnado por participar e o fácil que facedes estas actividades.