ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL

                                                                          Programa Inspiro: Marketing aplicado a empresa

O xoves 22 de febreiro tivemos unha sesión de "Marketing aplicado a Empresa" cos ponentes Pablo e Raquel da empresa "Digital Go". A  asociación AJE colabora cos CIFP de Ourense na preparación do concurso Inspiro que celebrarase o 18de abril en Expo Ourense.

Onte contamos ca presencia de Alba Ferro (Vicepresidenta de AJE) e ca concelleira de cultura de Ourense Tamara Silva Cid.

                                                                                          Entroido 2024

O pasado venres, 9 de febreiro, celebramos no CIFP A Farixa o noso entroido particular, con sesión karaoke e concurso de disfraces. Este entroido non se podería ter celebrado sen o traballo de Xela Chillón (profesora do departamento de Imaxe e Son) e Jhonny Fernández Taboada (que estivo aos mandos da sesión karaoke). Grazas a Carlos e Patxi, do departamento de FOL, por colaborar coa montaxe e desmontaxe do equipo e a todas as persoas que participaron na festa activamente, cantando, bailando, trouleando e disfrazándose. Por último, pero non por iso menos importante, moitas grazas a Sonia e Sheila, da cafetaría do centro, por agasallarnos con todos eses pinchos que foron devorados en cuestión de minutos.

Anunciar tamén que a persoa gañadora do concurso de disfraces foi Arturo Álvez Campos, de 2º de Axencias. Noraboa!! 

                                                          Presentación e promoción da visita guiada polas prazas de Ourense

O alumnado de 2ºCS de Guía, información e asistencia turísticas , coa súa docente, visitaron na mañá de hoxe as instalacións do Espazo +60 de Afundación ABANCA, para presentar a visita guiada que realizarán o día 8 de marzo polo casco histórico de Ourense.

Os nosos futuros guías levarán os asistentes nunha viaxe polo tempo, onde percorrerán varias prazas da zona vella da cidade.

Ademais, aproveitaron a ocasión para convidar a dirección do centro á dito evento.

                                         Os ciclos de imaxe e son do CIFP A Farixa visitan Fotoescola

O alumnado de 1º e 2º de Vídeo DJ e Son e o 1º curso de Produción de Audiovisuais e Espectáculos asistiron hoxe a Fotoescola, xornadas formativas organizadas pola Consellería de Educación en colaboración coa Escola Mestre Mateo de Santiago e González Almacén Fotográfico de Lugo. Neste evento, celebrado no edificio Fontán da Cidade da Cultura, os alumnos e alumnas de imaxe e son do CIFP A Farixa tiveron a oportunidade de asistir a seminarios impartidos por profesionais sobre a mecánica da fotografía, a iluminación creativa para vídeos ou a elaboración de streaming para eventos, entre outros, e de asistir a unha masterclass impartida por Ofelia de Pablo e Javier Zurita, de HakawatiFilm.

 


 


 


Exposición "A profesión da Arquitectura Técnica"

Os alumnos do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación e do Ciclo Medio de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación do CIFP A Farixa, visitaron o pasado venres 1 de decembro de 2023 a Exposición "A profesión da Arquitectura Técnica", no Centro Cultural Ángel Valente de Ourense, na que foron recibidos polo Presidente do Colexio da Arquitectura Técnica de Ourense, Dario López Fernández. O Arquitecto Técnico de Visado do COAT de Ourense, Daniel Blanco Rivero, foi o encargado de explicar ó noso alumnado todo o referido á profesión de Arquitecto Técnico, dende as competencias profesionais dos mesmos, ata o plan formativo da carreira universitaria, animando ós mesmos a continuar no futuro os estudios para a obtención do título de Arquitecto Técnico, profesión con gran demanda laboral na actualidade.