ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL

Un paseo pola vella Auria 

Todos os 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional do Guía Turístico. Para celebralo, o pasado mércores acudimos co alumnado de Turismo e 2º de FPB de Electrónica e Electricidade a un guiado polo casco histórico de Ourense: "un paseo pola vella Auria". A ruta foi organizada pola APIT (Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia) en modalidade de ruta solidaria, xa que os fondos recadados foron destinados á FEAFES, que é Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental en Galicia. Deste xeito, da man de Gema Seara, guía experimentada e exalumna do noso centro, puidemos descubrir recunchos esquecidos e datos curiosos do patrimonio histórico da nosa cidade.

O Día Internacional do Guía Turístico serve para que recordemos a importancia da labor desempeñada polos guías de turismo, que nos axudan a elevar o nivel das nosas experiencias turísticas e son transmisores da cultura propia dun lugar.


 


 


 


De rodaxe por Soutelo de Montes

Un grupo de alumnas e alumnos de segundo curso de Produción de Audiovisuais e Espectáculos estiveron a traballar durante esta pasada fin de semana en Soutelo de Montes, no concello de Forcarei, na que foi a primeira das rodaxes que están a facer este ano no marco do módulo de Xestión de Proxectos de Cine e Vídeo, impartido pola profesora Diana Casanova. O equipo, formado por un grupo de 4 alumnos do centro e personal externo entre os que se contan 2 sonidistas e o equipo de cámara e dirección, está a rodar a curtametraxe "Memorias de Soutelo", unha historia que parte da proposta de Candela Lorenzo, directora de produción e estudante do centro, orixinaria de Soutelo.

O documental de creación céntrase na memoria veciñal da aldea, construída desde os recordos da alumna e cun pé no traballo do fotógrafo Virxilio Viéitez, quen durante décadas foi o encargado de fixar na memoria as imaxes da veciñanza. Na rodaxe colaboraron numerosas veciñas e veciños da localidade. Queda por diante agora un longo proceso de postprodución.


 


 


 

                                                                                                       GRI Towers Galicia

Ao alumnado do ciclo superior de Enerxías Renovables de 1º e 2º visitaron as instalacións da empresa GRI Towers Galicia, situada en Carballiño no polígono de Uceira dedicada a fabricación de estructuras metálicas e seus compoñentes para o sector na enerxía eólica onde a sua actividade está especializada na fabricación de torres (curvado e soldadura), a unión das torres coas bridas, tratamentos de superficies (granallado, pintura, ...)  e a colocación dos compoñentes eléctricos e elementos internos das torres eólicas.

Durante a visita vimos todo o proceso dende a recepción das láminas de acero como materia prima inicial ata convertirse finalmente nas estructuras cónicas que posteriormente nos parques eólicos se ensamblan formando o corpo da torre eólica.

FITUR


O alumnado de Turismo desprazouse a semana pasada ata Madrid para asistir á Feira Internacional de Turismo, FITUR, o maior escaparate do mundo, de destinos e empresas turísticas. Alí, o noso alumnado puido ver in situ as diferentes ferramentas do mix promocional utilizadas no marketing turístico, mentres desfrutaban da maxia dunha feira, onde o único que escasea sempre é o tempo para ver todo o que alí se amosa.

Asemade, puideron desfrutar doutras actividades programadas para esta viaxe, como foron:

Unha visita guiada a Madrid levada a cabo por unha gran profesional como é Rosa Lisandra, antiga presidenta da APIT Madrid. Rosa é unha guía veterana, con máis de 35 anos de experiencia, que ademais de guialos pola cidade, aproveitou para darlle unha chea de consellos profesionais.

A visita a PANGEA, novo concepto de Travel Store. Pangea é unha axencia de viaxes inusual no territorio español, que conta cunha gran superficie de oficinas, cafetería, tenda de viaxes e que ofrece un experto asesoramento de cada continente.

Apañar o metro por primeira vez, dar un paseo polo Retiro, ver a posta de sol no templo Debod, visitar o museo do Prado, e moitas outras experiencias, fixeron que esta fora unha viaxe memorable, que todos/as esperamos repetir o próximo ano.

 




 


 


 

 

 

 

 

                                                                            Visita a CGIFP Eduardo Barreiros

Hoxe o alumnado do ciclo superior de sistemas informáticos e telecomunicacións (1º STI) visitou o centro de CGIFP Eduardo Barreiros. Recibiunos Pablo Gómez e contunos a historia do centro dende os seus inicios até hoxe en día. Visitamos o laboratorio de Biotecnoloxía, as instalacións para o desenvolvemento de proxectos de Industria 5.0 e os espazos de Fabricación Aditiva. Concluímos a visita nas instalacións de recreación de Metaverso con Realidade Virtual e Aumentada (experiencias Inmersivas), onde Luis permitiulle oa alumnado experimentar cos equipos de que dispoñen.

Queremos agradecer as explicacións dadas polo equipo do CGIFP e a súa gran amabilidade con nós.