ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

                                                                                       DESCUBRINDO SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado mércores, 24 de abril, o alumnado do 1º curso do Ciclo Superior de Guías e Información Turística, tivo unha saída fóra do centro a Santiago de Compostela. Alí asistiron a unha visita guiada, na que durante dúas horas descubriron os principais monumentos, prazas e rúas da capital galega, Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Trala visita asistiron á visita guiada aos teitos da catedral, desfrutando dunha perspectiva diferente da cidade e dunha experiencia marabillosa.

 
 

         


 


  


 

PANEIS SOLARES: RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS CONTRA CAÍDAS DE ALTURA

O alumnado do ciclo de Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica, asistiu á xornada "Paneis solares: recomendacións preventivas contra caídas de altura", celebrada no ISSGA (Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia). Durante as ponencias incidiuse na importancia da integración da prevención de riscos laborais no deseño de paneis solares en cubertas de cara á súa instalación, mantemento e reparación. 

 

 
 

         

 

Amigo Invisible Literario

📚✨Continuamos as celebracións do Día do Libro co noso amigo invisible literario!  A Coordinación da Biblioteca organizou unha emocionante actividade onde intercambiamos libros envoltos como agasallos, e descubrimos verdadeiras xoias literarias!

🎁 Cal foi o libro sorpresa que recibiches? Esperamos que desfrutes moito coa súa lectura!

 

 


         


 

Asistencia e apoio do alumnado de turismo no Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros

Esta semana estivo chea de actividades formativas no CIFP A Farixa para o noso alumnado de 1º curso do ciclo superior de Guía, información e asistencia turísticas. O xoves, 25 de abril, o alumnado colaborou, desenvolvendo un excelente traballo de recepción, asistencia e información ás persoas que visitaron o Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros con motivo da celebración, en Santiago de Compostela, do Congreso de Innovación na Formación Profesional.

#fpgalicia #fp #innovación #eduxunta #cifpafarixa #ourense #cgifpeduardobarreiros


         




 

Inspiro 2024 - Turismo

O xoves 18 de abril o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Guía e Información Turística asistiron a INSPIRO en Expourense, fixando e recordando contidos de comunicación e marketing, estudados previamente na aula, así como ampliando coñecementos da materia de Marketing.

INSPIRO é un encontro entre o tecido empresarial e os diferentes modelos formativos, onde as ideas, o talento e a experiencia se unen para inspirar a outras persoas nos seus proxectos de vida, tanto persoais como profesionais, xerando sinerxias, que nos permiten transformar e avanzar xuntos como unha sociedade comprometida coa sustentabilidade, a eficiencia, a calidade e a transformación dixital.

 

Para o alumnado foi unha xornada moi enriquecedora e práctica! GRAZAS a Expourense pola organización deste evento. Vémonos na terceira edición!