Visita dramatizada "O segredo dos franciscanos"
Visita dramatizada "O segredo dos franciscanos"
1º Premio Olimpiadas Teleco - alumnos de 1º de STI - 2024
O pasado 26 de abril, no salón de actos da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo, celebráronse as II Olimpíadas de Telecomunicacións, na que resultaron gañadores os nosos alumnos.
Para esta edición case se duplicaron os equipos participantes, cunha afluencia de máis de 400 participantes. As presentacións realizáronse en conxunto cos equipos de bacharelato.
Libérate a través da xestión emocional!
Hoxe no CIFP A Farixa tivemos unha experiencia incrible explorando o mundo do benestar emocional e da saúde mental co noso alumnado.
No obradoiro afondamos no fascinante mundo da atención plena e das técnicas de respiración para axudar ao noso alumnado a atopar o seu equilibrio emocional no medio do rebumbio diario. Exploramos como prestar atención ás nosas emocións e pensamentos pode ter un impacto positivo na nosa saúde mental e no benestar xeral.
Foi inspirador ver ao noso alumnado comprometido e aberto a aprender novas formas de coidar de si mesmos/as!
Queremos agradecer a Cristina Pérez (Experiencia Wellness) por guiar este obradoiro dun xeito tan motivador. Grazas por compartir os teus coñecementos e experiencias connosco!
Visita a Norvento dentro do progama EDUTECEmprende
Dentro do programa EDUTECEmprende, promocionado pola Consellería de Educación, fixemos unha visita ás instalacións de Norvento en Vilalba.
Da man de Don José Ignacio Montemayor, Responsable NED Factory Norvento, poidemos coñecer de preto a fabricación das partes electromecánicas contidas nunha das góndolas da súa fabricación. Tamén vimos a fabricación das propias carcasas exteriores das góndolas e máis as palas dos aeroxeradores en fibra.
Posteriormente, e xunto con Eloy e Claudia, encargados da área de mantemento, poidemos coñecer o parque eólico das Curuxeiras, no cal dispoñen de 31 aeroxeradores cunha potencia de 1,6MW e 74 metros de altura cada torre.
Moitísimas grazas a estes grandes profesionais pola súa achega ao coñecemento e o tempo que nos dedicaron.
EROBIC LATINO
Fomos testemuñas dunha nova modalidade de baile: aeróbic latino con Hugo Alonso da escola de danza Estilo Libre.