ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Día da Muller e a Ciencia

En conmemoración do día da Muller e da ciencia, a profesora Iria Álvarez, do departamento de Electricidade e Electrónica, fixo participe ó alumnado de 1º de primaria do CEIP Mestre Vide dos proxectos deseñados polo grupo de 1º de Sistemas de Telecomunicacións do noso CIFP. Os nenos e nenas desfrutaron xogando co brazo robótico e o portón.



 

Participación en PREVISEL dos alumnos de 1º de Acondicionamento

Os alumnos de 1º do ciclo superior de acondicionamento físico veñen de particar en PREVISEL (16º salón da prevención e a seguridade laboral) nas instalacións de Expourense. Concretamente participaron na actividade "Completición da calidade da RCP con bonecos conectados a pantallas por telemetría". A actividade estaba organizada por TESGALICIA, e nela os nosos alumnos amosaron a súa competencia para intervir de forma eficiente na realización de unha RCP no caso da intervención ante unha parada cardiorrespiratoira.




Sesión dirigida con soporte musical de Aerobox

Os alumnos de 2º curso de Acondicionamento físico recibiron unha sesión de fitness cunha especialidade chamada Aerobox, dirixida por Hugo Alonso.





Guiado por Ourense cun grupo da ONCE

Hoxe presentamos a cidade de Ourense a un grupo de 15 persoas pertencentes á ONCE. Grazas Lidia polo teu taller de sensibilización, queremos mellorar cada día e poder ofrecer SEMPRE un TURISMO PARA TODOS.
Grazas tamén ao noso alumnado de 2º curso de Guía, Información e Asistenza Turística polo seu traballo e profesionalidade.


                

ANÁLISE DAS CAPACIDADES / HABILIDADES SOCIAIS

 

Verónica Rodríguez Ruzo, foi a responsable de impartir a "Charla Análise das capacidades / Habilidades sociais" dentro do Programa Eduemprende Actúa no noso centro este venres 10 de marzo. Realmente foi un taller no que os participantes foron os protagonistas. Fixeron unha presentación cada alumno e unha dinámica por grupos. Participarton alumnos de 1º e 2º de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos e 3 alumnos de 1º Robótica Industrial.