Bailes latinos
Enseñanza de bailes latinos con la compañía del monitor Fernando Alonso Rojo de la empresa Mouxion
Bailes latinos
Enseñanza de bailes latinos con la compañía del monitor Fernando Alonso Rojo de la empresa Mouxion
Saída formativa ao RIBEIRO
O pasado luns 17 de abril tivo lugar una salida formativa ao Ribeiro, a que asistiu o alumnado de Turismo, organizada dentro do módulo de #MarketingTurístico. Foi unha xornada moi instructiva e enriquecedora para os alumnos, na que visitaron a adega VIÑA COSTEIRA e o MUSEO DO VIÑO DE GALICIA.
No ano 2017 a cooperativa Viña Costeira, que nacera en 1968, decidiu apostar polo Marketing e profesionalizar a súa actividade enoturística, que nese momento xa existía con algunhas visitas guiadas esporádicas e sen unha estretaxia establecida. Como exemplo de aposta polo Turismo, crean en 2017 un departamento de Marketing e Enoturismo, que se ve claramente reflexado na súa gran evolución no relacionado coa imaxe corporativa, marca e diversificación do producto enoturístico.
Ao frente do departamento está Fátima, antiga alumna do noso centro (ano 2001) e Paula, tamén estudante no CIFP A Farixa. Grazas a todo o equipo de Viña Costeira pola súa amabilidade, en especial a Fátima, Óscar, María e Manuel.
A segunda parada da xornada foi para dar a coñecer ao alumnado o Museo do Viño de Galicia, que abriu as súas portas no ano 2019 e que conta cunha importante historia cultural e etnográfica de Galiza, albergando pezas salientables no cultivo da vide nas 5 DO de viño galegas. Grazas a César Llana por abrirnos as portas e a nosa guía Carlota polas súas explicacións e simpatía!
Visita a HISPASAT Madrid
Grazas a Agustín Zornoza e Iñaki Latasa os alumnos dos ciclos de TELECOMUNICACIÓNS puideron visitar un centro de referencia a nivel Europeo de emisión e recepción de sinais satelitales. Ensináronnos desde o deseño dun satélite ata a súa posta en órbita geoestacionaria. Podendo ver insitu as chairas de antenas, os centros de control e algunhas demos de comunicacións satelitales.
"Un exemplo de éxito: A ESMORGA, CERVEXA ARTESANAL"
O martes 11 de abril visitounos Luis Portabales no salón de actos, dentro do programa Actúa de Emprendemento. Escoitaron unha historia de éxito e o proceso de posta en marcha dunha empresa productora de cervexa artesanal de Ourense, a fin de que os alumnos valoren o autoemprego no futuro. Despois fomos a visitar as instalacións de A ESMORGA. Moitas grazas pola dedicación, o trato e todas as explicacións que recibimos na visita as vosas instalacións.
Visita a EUMOVIL MEDIAPRO Madrid
Jaime e Cosme (xefe técnico e produtor) explicáronnos o funcionamento da unidade móbil máis grande e con mellor dotación tecnolóxica a nivel mundial utilizada para dar cobertura a eventos como a final da CHAMPIONS LEAGUE, OLIMPÍADAS, Premios GOYA, etc. Grazas a MEDIAPRO os alumnos dos ciclos de TELECOMUNICACIÓNS puideron ver os mellores equipamentos para este tipo de eventos a nivel mundial.