Entrevista dos alumnos premiados nas Teleco Games 26 na cadena Cope
O alumnado de 1º do ciclo medio de Instalacións de telecomunicacións, gañador do 2º premio das Olimpíadas de Telecomunicacións 2026 na categoría autonómica co seu robot EROU, foi convidado ao programa de entrevistas da Cadena Cope Ourense.
Durante a entrevista os estudantes describiron o proceso de creación do robot premiado así como a súa experiencia na fase de exposición do traballo ante o xurado e o público presentes no certame.
O locutor eloxiou o talento dos alumnos do CIFP Farixa e animounos a seguir perfeccionando o proxecto, do que destacou o seu valor ao detectar redes fraudulentas ás que todos estamos cada vez máis expostos.


