ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL

       

No noso centro tivemos o pracer de recibir a visita da empresa Bregal, que realizou unha charla informativa sobre diferentes oportunidades europeas dentro do programa Erasmus+. Durante a sesión, o alumnado puido coñecer de primeira man iniciativas como os Youth Exchange, o European Solidarity Corps e o programa Erasmus for Young Entrepreneurs.

A actividade tivo unha moi boa acollida entre os estudantes, que mostraron un grande interese por estes proxectos internacionais, moitos deles descoñecidos ata o momento para a maioría. Grazas a esta experiencia, o alumnado descubriu novas posibilidades de formación, voluntariado, mobilidade e emprendemento que poden abrirlles portas e mesmo marcar positivamente o seu futuro laboral e persoal.

Desde o centro queremos agradecer a Bregal a súa visita e a oportunidade de achegar ao alumnado información tan útil e inspiradora sobre programas europeos que fomentan a aprendizaxe, a cooperación e o desenvolvemento profesional.