Formación AMI: obtén o teu certificado electrónico
Dentro do noso plan de alfabetización mediática e informacional, o pasado martes, 14 de abril, tivemos a sorte de recibir a persoal da "Oficina de Registro de la Subdelegación del Gobierno" en Ourense, que se desprazaron ata aquí co obxectivo de que o noso alumnado puidera obter o seu certificado electrónico nun abrir e pechar de ollos (literalmente en 10 minutos!).
Unha vez instalado, as/os participantes aprenderon a usar o certificado electrónico. Fixemos prácticas reais de trámites que seguro que nos serán moi útiles no futuro:
-
Acceder á Carpeta Ciudadana (para velo todo sobre a súa relación coa administración).
-
Solicitar unha Vida Laboral ante a Seguridade Social.
-
Consultas no Sergas, no E-Saude, Axencia Tributaria, Tráfico, e moito máis.
A afluencia foi fantástica. Moitos alumnos e alumnas saíron da biblioteca cunha ferramenta nova baixo o brazo que lles abrirá moitas portas.
Grazas a todos/as os/as que participastes e, especialmente, aos profesionais da Subdelegación pola súa paciencia e bo facer!

