ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL

TALENTOP (Eduemprende)

Luns, 2 de marzo, Nathalie Budiño, de Enxeño Galicia, visitou o noso centro para desenvolver o programa TALENTOP (EDUEMPRENDE) para todo o noso alumnado de Formación Profesional Básica.

Obradoiro no que se abordou como desenvolver o pensamento estratéxico, a busca de solucións creativas e a comunicación persuasiva. Os obxectivos foron:

› Sensibilizar ao alumnado sobre a conveniencia de adestrar as súas habilidades para multiplicar o seu talento e as súas oportunidades.

› Dar a coñecer, fortalecer e axudar a desenvolver tres capacidades fundamentais para o acceso e o progreso na contorna laboral.

› Axudar ao proceso de xeración de ideas para o emprendemento a partir da creatividade, á busca de solucións e a mellora da persuasión.