Como mellorar a túa economía
O xoves, 19 de febreiro, no salón de actos, o alumnado de FPB Electricidade e FPB Mantemento Instalacións Deportivas asistiu á sesión "Como xestionar mellor a túa Economía. Endebedamento intelixente, enténdete co teu banco". Alberto Vasallo, formador do Banco Santander, impartiu a formación dentro do programa Finanzas para Mortais (Eduemprende).



