Vista a Inditex
O alumnado dos segundos cursos de Enerxías Renovables, Termalismo e Benestar e Guía, Información e Asistencia Turísticas viaxamos a Arteixo para visitar as instalacións de Inditex. Alí puidemos percorrer varias zonas de traballo para ver parte do proceso de deseño, produción, promoción e distribución da empresa. Quedamos abraiados co seu sistema de funcionamento e os espazos de traballo. Agradecemos a Inditex a posibilidade de coñecela un pouco máis de preto e a amabilidade do persoal que nos atendeu.


