ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Xornada de Voluntariado no Banco de Alimentos

O xoves, 27 de novembro, o noso centro viviu unha fermosa xornada de compromiso e solidariedade fóra das aulas. Un nutrido grupo de alumnos e alumnas participaron nunha actividade de voluntariado no Banco de Alimentos de Ourense.

Os protagonistas desta iniciativa foron os estudantes dos catro grupos de Formación Profesional Básica (FPB), xunto cos compañeiros e compañeiras do 2º curso do Ciclo Medio de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación.

Durante a mañá, dedicaron os seus esforzos a clasificar produtos por categoría (conservas, pasta, leite, legumes...), organizar por  datas de caducidade e desscargar e organizar palés de comida recibida.

A implicación e a enerxía mostrada polos estudantes foron impresionantes. Esta experiencia de voluntariado foi indudablemente transformadora e todos e todas quedamos con gañas de repetir.

Moitas grazas ao Banco de Alimentos de Ourense por abrirnos as súas portas e ao noso alumnado pola súa actitude xenerosa e responsable.