ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

O alumnado de Turismo participa nunha nova edición de XANTAR

O alumnado das titulacións de Turismo do CIFP A Farixa realizou días atrás unha visita formativa á feira XANTAR 2025, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. Durante a xornada, os estudantes tiveron ocasión de coñecer de preto a oferta gastronómica presentada por produtores e entidades de diversas rexións nacionais e internacionais.

As diferentes actividades propostas polo evento —catas comentadas, obradoiros especializados e showcookings— permitíronlles ampliar a súa visión sobre as tendencias actuais do turismo culinario. Ademais, os expositores achegáronlles información valiosa sobre estratexias de promoción ou as posibilidades de acollida para prácticas das titulacións que cursan, ademais de diferentes posibilidades de inserción laboral vencelladas ao turismo gastronómico.

A coordinación académica destacou o valor desta saída como complemento práctico para a formación do alumnado, que puido observar directamente a organización dun evento internacional, a evolución do mesmo e comentar propostas  de mellora para futuras edicións.

Varios/as dos/das alumnos/as tamén participaron como voluntarios/as no stand de Formación Profesional difundindo a oferta formativa do CIFP A Farixa.