Encontro con autores: "Os corpos fráxiles" de Sofía Rovira
Hoxe veunos visitar a xove autora Sonia Ruvira para falar do seu libro "Os corpos fráxiles", e de moito máis!
Sonia é Licenciada en Psicoloxía e Filosofía, bailarina e agora está a facer o doutorando en literatura na Universidade de Yale. Compartiunos a viaxe que a levou a escribir a súa primeira novela. Confesa que sempre lle gustou escribir, e que se este libro viu a luz foi grazas á participación nun concurso de Aira Editorial, onde acadou o segundo posto. Axudáronlle moito o resto dos participantes no certame, xa que se facian suxestións e recomendacións os uns aos outros que enriqueceron as súas obras.
Agora xa está inmersa na escritura dunha segunda novela que explora as contradicións de personaxes que son líderes e loitan polo ben común pero que, na intimidade, revelan actitudes profundamente machistas. Esperamos ansiosos/as a súa publicación!!!
Se aínda non coñeces "Os corpos fráxiles", non perdas a oportunidade de mergullarte nesta historia baseada no último ano de vida da avoa da autora! Nela abórdanse, entre outros, o tema das relacións entre netos e avós, así como o dos coidados a netos e avós. Tela dispoñible na biblioteca!



