O alumnado de 1ºVDJ visita a exposición de Irving Penn e o Coruña Estudio Inmersivo
O alumnado de 1º do ciclo medio de Vídeo DJ e son visitou hoxe a exposición do fotógrafo Irving Penn, organizada pola Fundación MOP no muelle de Batería na Coruña. En dita visita, ademais de coñecer de primeira man a súa fantástica obra, tiveron a ocasión de realizar un taller con diferentes ópticas para emular o traballo do artista norteamericano, coñecido polos seus retratos non só de moda senón tamén da natureza e de antropoloxía.
Ademais, ditos alumnos e alumnas tamén tiveron a ocasión de coñecer as instalacións do Coruña Estudio Inmersivo (CEI), un plató de 2.000 metros cadrados que conta cunha pantalla de produción virtual de 750 metros cadrados e nove millóns de euros de inversión total. Este espazo, cofinanciado entre a Deputación da Coruña e o Goberno estatal e que posibilitará a produción de cine e publicidade coa máis alta tecnoloxía europea, xestiónao Pedralonga Estudios e está aínda en fase de probas.