Tertulias Literarias - "Indolente", de Alberto Mancebo
O xoves, 3 de abril, o CIFP A Farixa tivo a oportunidade de participar na Tertulia Literaria e posterior encontro co autor Alberto Mancebo para falar da súa obra "Indolente", gañadora do XXX Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.
O evento, organizado polo Concello de Ourense en colaboración coa Deputación de Ourense, celebrouse no Liceo de Ourense.
Pasámolo estupendamente falando da obra e dos temas que abrangue. O encontro deu pé á reflexión sobre temas moi variados, como o cambio climático e a empatía humana.
Quedamos esperando con ansia a próxima tertulia!!




