ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Visita guiada, mitos e lendas ( Afundación Abanca+60)

O pasado 21 de marzo, os socios da Afundación Abanca+60, desfrutaron dunha visita guiada especial pola zona histórica de Ourense organizada polo alumnado de 2º CS de Guía, información e asistencia turística, do CIFP A Farixa. A través dun percorrido por puntos emblemáticos da cidade, os usuarios descubriron mitos e lendas que perduraron no tempo, con historias máxicas, relatos e seres misteriosos que, segundo a tradición, aínda habitan nas rúas.

Esta visita, que foi un proxecto académico, permitiulles aos/ás estudantes poñeren en práctica as súas habilidades como futuros/as guías turísticos/as. Así mesmo, aprenderon a levar un grupo, ao tempo que ofrecían ao público unha experiencia envolvente e diferente mentres coñecen máis da súa cidade.

Os usuarios da Afundacion Abanca+60, desfrutaron dunha forma distinta de coñecer a cidade descubrindo os seus segredos, algúns máis coñecidos e outros máis sorprendentes.