ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Visita a CESGA. Programa EDUTECEMPRENDE

Este martes, 11 de febreiro, o alumnado de 2º de Telecomunicacións visitou CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) en Santiago de Compostela.
 
Fernando Bouzas explicounos os proxectos nos que traballan tanto para entidades públicas como privadas.
 
A súa actividade diversifícase nos campos de investigación, Computación de altas prestacións, Intelixencia Artificial e Ciencia de Datos, Computación cuántica, Comunicacións cuánticas, Sistemas de información Xeográfica (GIS) entre outras.
 
A actividade enmárcase no programa EDUTECEMPRENDE da Consellería de Educación.