Visita guiada Lendas e Mitos (Fundación Abanca)
Os mitos e lendas de Ourense cobran vida nunha nova visita guiada.
Desde o CIFP A Farixa, o alumnado de 2º de Guía presenta unha nova experiencia turística na cidade de Ourense. É unha visita guiada temática, centrada nos mitos e lendas urbanas, forma parte dun proxecto académico no que os estudantes porán en práctica as súas habilidades como futuros/as guías turísticos/as.
Ao longo do percorrido, os usuarios de Abanca terán a oportunidade de descubrir relatos que perduraron no tempo, dende antigos mitos e creenzas populares ata historias de seres misteriosos que, segundo din, aínda habitan nos rincóns máis emblemáticos da cidade. Será unha visita narrativa e interactiva que permitirá aos participantes mergullarse nunha viaxe a través da historia e da fantasía, conectando coa alma máis mítica da cidade.
A visita, que se levará a cabo o 21 de marzo, é unha oportunidade para desfrutar dun paseo cheo de misterio, cultura e historias.