Jornadas de Automatización Industrial na Universidade de Vigo (JAI 2025)
Os/As alumnos/as de 1º e 2º de Automatización e Robótica Industrial e máis os/as alumnos/as de 2º de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, asistiron ás xornadas de automatización industrial na universidade de Vigo, onde atenderon a distintas ponencias sobre as novas tendencias do mercado da man das empresas participantes.
Alí coñeceron moitas das últimas novidades en distintos sectores relacionados coa automatización, robótica, comunicacións, redes, ciberseguridade, etc.
Agradecer a súa invitación e o gran trato recibido por parte da organización e en especial a Nacho Armesto.





