ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Cásting para elixir o actor protagonista da curtametraxe "Cruel"

Un grupo de alumnos e alumnas do último curso do ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa organizaron un casting no café cultural Auriense para elixir o actor protagonista da curtametraxe “Cruel”, que se rodará durante as primeiras semanas do mes de febreiro.

Para a rodaxe deste proxecto audiovisual, os estudantes buscaron a un actor de entre 25 e 35 anos que interpretará a Dante, un mozo que loita contra unha grave depresión. Tal e como explicou o alumno do centro e produtor da obra, Pablo Oliveira, “trátase dun papel cargado de intensidade emocional”.